O músico viveirense Javier Fajardo dirixe o coro Tempus Fugit dende 2013

O MúSICO VIVEIRENSE JAVIER FAJARDO DIRIXE O CORO TEMPUS FUGIT DENDE 2013

A ALCALDESA, EN REPRESENTACIÓN DO CONCELLO DE VIVEIRO, FELICITA A JAVIER FAJARDO POLA SÚA PARTICIPACIÓN NO PROXECTO STAR UP FOR YOUNG CONDUCTORS

A Alcaldesa, en nome de todos os veciños de Viveiro, quere felicitar publicamente a Javier Fajardo tras ter sido seleccionado, xunto con outros nove directores de coro europeos, para participar no proxecto Start Up for Young Conductors, financiado pola fundación Emil und Rosa Richterich-Beck  Stiftung, que se desenvolverá na cidade suíza de Basilea. Para todos nós é unha honra que un viveirense poida participar nun proxecto desta importancia e agardamos con inquedanza o concerto que Javier Fajardo ofrecerá o vindeiro ano en Viveiro, mostrando os resultados na súa participación neste evento. Estamos, unha vez máis, ante o recoñecemento do talento, da formación e da traxectoria dun músico formado no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, considerando que isto é unha proba da calidade deste centro educativo.

A nosa máis sinceira noraboa para Javier Fajardo.

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar