11
Febreiro
O TOLLEITO DE INISHMAAN
O tolleito de Inishmaan
O tolleito de Inishmaan
Sábado 11: Contraproducións,S. L O tolleito de Inishmaan. RGTA
Lugar: Teatro Pastor Diaz
Hora: 20,30 h
Clasificación : Teatro / Comedia
Duración : 100 min
Público : Adultos
Autor : Martin McDonagh
Dirección : Cándido Pazó
Adaptación : Cándido Pazó
Escenografía : Carlos Alonso
Deseño son : Guillerme Fernández
Deseño iluminación : Afonso Castro
Vestiario : Carlos Alonso
Música :Manuel Riveiro
Elenco artístico : Santi Romay, Susana Dans, Ana Santos, Evaristo Calvo, María Roja, Marcos Pereiro, Ricardo de Barreiro e Luis Iglesia
Texto promocional
Podería ser unha aldea galega pero é unha pequena illa irlandesa. Anos 30. Personaxes curiosas, pintorescas, características... Seres máis ou menos adorables, máis ou menos odiosos que, nun mundo física e humanamente isolado, viven as súas vidas cativas como poden e como saben. Entre eles un tolleito, un ser desfavorecido que ten unha arela que para el semella extremadamente difícil: transcender ese ámbito cerrado que está obrigado a habitar; un eivado que persegue un soño que nel parece empresa imposible: ser amado e valorado como calquera outro.
Un espectáculo de gran formato (8 actores de prestixio, potente escenografía, música emocionante, iluminación atractiva) no que o público se sentirá atrapado polo humor e a tenrura dun teatro tan entrañable, tan noso, coma o irlandés.