23
Outubro
OBRADOIROS DE FORMACIóN EN COCIñADO DE PEIXES E MARISCOS DA MARIñA-ORTEGAL
Dª María Loureiro García, Alcaldesa do Concello de Viveiro, informa que:
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal (GALP A Mariña-Ortegal) puxo en marcha a actividade "Obradoiros de formación en cociñado de peixes e mariscos da Mariña-Ortegal".
A acción, de carácter gratuíto, vai dirixida ao tecido asociativo de cada un dos 13 concellos que integran o GALP. O obxectivo é dar a coñecer as posibilidades gastronómicas que os produtos pesqueiros e marisqueiros do noso territorio atesouran. Os obradoiros serán impartidos por Miguel Mosteiro, cociñeiro especializado na gastronomía galega e a cociña do territorio. Entre outros contidos, mostraránse técnicas de limpeza, desespiñado ou mesmo fileteado de peixes, e elaboránse varias receitas empregando produto pesqueiro da Mariña e do Ortegal como base, acompañdo doutros produtos autóctonos.
No caso de Viveiro, o obradoiro terá lugar o sábado 3 de novembro de 2018, de 16:30 a 21:00 horas, na Casa do Forno. As persoas interesadas en participar neste obradoiro deben inscribirse no teléfono 982560128 ou no mail nmd.secretaria@viveiro.es.
A Alcaldesa-Presidenta,
María Loureiro García