OBRADOIROS DE NADAL

OBRADOIROS DE NADAL

O CONCELLO DE VIVEIRO AMPLIA ATA AS 60 PRAZAS OS OBRADOIROS DE NADAL PARA NENOS E NENAS DE 4 A 12 ANOS

Viveiro, 12 de decembro de 2022. O Concello de Viveiro pon en marcha os Obradoiros de Nadal para nenos e nenas de 4 a 12 anos, que nesta ocasión amplían a súa oferta ata as 60 prazas. En total son 8 as actividades que se ofrecen dende o luns 26 de decembro ata o mércores 4 de xaneiro en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Os Obradoiros de Nadal organizados da man de Eureka son de balde para a rapazada e cada neno e nena pódese inscribir en dous talleres, pero no caso de desexar participar máis días quedaría apuntado nunha lista de agarda á que se recorrerá de quedar vacantes.

“Estes Obradoiros están enfocados ao Nadal co desexo de que os nenos e nenas se divirtan nestas datas tan especiais para todos”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura, que anticipa que en breve publicarase tamén toda a programación de Nadal do Concello de Viveiro.

 As temáticas dos talleres van dende a realización de adornos de Nadal, de experimentos, bromas, unha ginkana, unha festa de fin de ano, cociñado de dulceiros, diversión con música e moitos xogos.

As inscricións realizaranse mediante formulario online que se pode solicitar no número de whatsapp 654 20 83 33.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar