19
Decembro
OBRADOIROS DE NADAL PARA NENOS E NENAS
O CONCELLO DE VIVEIRO ORGANIZA OBRADOIROS DE NADAL PARA NENOS E NENAS DE 3 A 12 ANOS
Viveiro, 19 de decembro de 2022. O Concello de Viveiro pon en marcha coa colaboración de Eureka os Obradoiros de Nadal para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
En total son sete os obradoiros de balde que se ofrecen dende o martes 26 de decembro ata o xoves 4 de xaneiro, en horario de 10:00 a 14:00 horas no pavillón do colexio Lois Tobío.
“Estes obradoiros están enfocados ao Nadal co desexo de que os nenos e nenas se divirtan e teñan tempo de lecer nestas datas tan especiais para todos”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.
As temáticas dos obradoiros van dende a realización de adornos de Nadal; experimentos; bromas; unha ginkana; dulceiros; música, e moitos xogos.
As inscricións realizaranse mediante formulario online que se pode solicitar no número de whatsapp 654 20 83 33.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro