18
Abril
OBRADOIROS DE SEMANA SANTA
PRETO DE 100 NENOS E NENAS DE ENTRE 4 E 12 ANOS PARTICIPARON NOS OBRADOIROS DE SEMANA SANTA DO CONCELLO DE VIVEIRO
Viveiro, 16 de abril de 2022. O Concello de Viveiro organizou esta Semana Santa xunto a Eureka Actividades uns obradoiros de lecer e creatividade para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.
A iniciativa foi un éxito e contou con preto de 100 nenos e nenas, que coa axuda dos monitores realizaron diferentes actividades.
“Traballaremos para continuar e mellorar este tipo de actividades de lecer e creatividade”, afirma a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.
“Recollimos ademais todas as propostas e recomendacións feitas polas familias e as teremos en conta para próximas edicións dos obradoiros”, engade.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro