OBRADOIROS GRATUÍTOS DE SEMANA SANTA

OBRADOIROS GRATUÍTOS DE SEMANA SANTA

O CONCELLO DE VIVEIRO PROMOVE A CONCILIACIÓN FAMILIAR CO PROGRAMA DE OBRADOIROS GRATUÍTOS DE SEMANA SANTA

  Viveiro, 29 de marzo de 2022. O Concello de Viveiro presenta o seu programa de obradoiros gratuítos para a Semana Santa, dirixidos á infancia entre 4 e 12 anos. En total, realizaranse tres talleres, co obxectivo de ofrecer unha proposta de lecer durante as vacacións escolares e facilitar a conciliación familiar. 

 
O primeiro obradoiro será o luns 11 de abril sobre papiroflexia, xogos e baile. O martes, 1 2 de abril, os cativos e cativas gozarán de malabares, xogos e happy ioga. Por último, o mércores 13 de abril, os participantes terán unha ginkana, xogos e retos de lóxica. 
 
Nas tres xornadas o horario será de 10:30 a 13:30. Para participar nas actividades, cómpre realizar a inscrición por WhatsApp no teléfono 654208333. 
 
 
Saúdos, 
Comunicación Concello de Viveiro
Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar