OBRAS DE LIMPEZA E SANEAMENTO EN COVAS

OBRAS DE LIMPEZA E SANEAMENTO EN COVAS

O CONCELLO DE VIVEIRO COMPRENDE AS DEMANDAS DOS VECIÑOS E VECIÑAS DE COVAS E XA RECIBIU OS PERMISOS DA AXI PARA REALIZAR OBRAS DE LIMPEZA E SANEAMENTO EN DOUS INMOBLES ABANDOADOS

Viveiro, 25 de setembro de 2023. O Concello de Viveiro comprende as demandas dos veciños e veciñas do barrio de Grallal, en Covas, polo estado de dous edificios abandonados.

Nesta zona, o concello tivo que iniciar primeiro un longo procedemento para desaloxar a un transeúnte que residía alí, un proceso xa rematado.

Posteriormente, abriu un proceso de execución subsidiaria ao non conseguir contactar coas persoas propietarias dos inmobles, pero trátase de expedientes de tramitación longa e ademais o concello acaba de recibir a necesaria autorización da Axencia Galega de Infaestruturas (AXI), ao estar as vivendas ao carón da estrada.

O concello xa ten planificadas as obras nos dous inmobles, que consistirán, entre outras tarefas, na limpeza das cubertas, substitución de canalóns e baixantes, retirada de carpintería exterior danada e colocación no seu lugar dun taboleiro, actuacións nos balcóns, limpeza e pintado de fachadas, e tarefas de mantemento nas fincas. Adxudicaranse a curto prazo.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar