OBRAS DE MELLORA NAS PALLAREGAS E NO PARAÍSO

OBRAS DE MELLORA NAS PALLAREGAS E NO PARAÍSO

O CONCELLO DE VIVEIRO REALIZA OBRAS DE MELLORA NAS PALLAREGAS E NO PARAÍSO CON CARGO AO PLAN ÚNICO

Viveiro, 19 de febreiro de 2022. O Concello de Viveiro informa que solicitou, no marco do Plan Único 2022, unha axuda económica para impulsar diversas obras nas Pallaregas e no Paraíso.


 

O Plan Único da Deputación Provincial de Lugo asigna unha contía concreta a cada municipio en función do seu número de habitantes. Deste modo, grazas ao Plan Único, o Concello de Viveiro poderá executar estas actuacións.


 

No caso do Paraíso, cun orzamento segundo proxecto de 107.522,63 euros, realizarase a reposición do firme da estrada do Paraíso e doutros catro viais da zona.


 

O Concello de Viveiro mantivo unha reunión en días pasados con veciños do Paraíso para ensinarlles o proxecto e explicarlles as obras que se van a levar acabo dentro desta actuación.


 

No caso das Pallaregas, cun orzamento segundo proxecto de 129.882,11 euros, as actuacións previstas inclúen obras de acondicionamento e mellora da pista principal, dende a Ponte de Feve ata a Casería. O proxecto tamén inclúe obras no ramal denominado Pista de Vilar – O Rego, que dá acceso ás vivendas de Porta Leira.


 

O goberno local ten previsto manter unha reunión a vindeira semana para presentarlles aos veciños o proxecto e explicarlles cales son as actuación concretas que se prevén executar na zona.


 

Dende o Concello de Viveiro investimos os fondos do Plan Único en obras que melloren a seguridade viaria e estando sempre en contacto cos veciños e veciñas das zonas nas que se executen”, sinala a alcaldesa, María Loureiro.


 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar