Obras en Magazos

OBRAS EN MAGAZOS

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DO COMEZO DAS OBRAS DE REPOSICIÓN DO FIRME NUN TRAMO DA PISTA GRANXA, TILLEIRA, NA PARROQUIA DE MAGAZOS

Viveiro, 20 de outubro de 2020. O Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas do inicio da execución das obras incluídas no proxecto de reposición do firme nun tramo da Pista Granxa, no lugar de Tilleira, na parroquia de Magazos. Está previsto que as obras de limpeza do vial comecen este xoves, día 22, realizándose as labores de aglomerado o venres 23 de outubro.

O tramo sobre o que se vai actuar é o comprendido entre entre a estrada LU-540 Viveiro (LU-862) – Cabreiros (LU-861) e a pista denominada “Pista da Veiga 2”, cunha lonxitude de 174 metros e unha anchura media de 6,75 metros, sendo a superficie de actuación de 1.174,50 m2.

Esta obra, que ten un orzamento de contrata de 17.071,01 euros, está financiada íntegramente pola Deputación Provincial de Lugo con cargo a remantentes do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2019.

Con motivo da execución desta obra, dende o Concello de Viveiro advírtese que, durante as labores de aglomerado, que terán lugar o venres 23 de outubro, o vial quedará cortado ao tráfico, polo que aqueles veciños e veciñas con garaxes na zona que desexen facer uso dos seus vehículos ese día, deberán retiralos con anterioridade. Así mesmo, rógase precaución ao circular por este vial dende o inicio das obras ata a súa finalización.

Por outra banda, tamén se quere informar que atópase en proceso de licitación o expediente de contratación para a execución das obras de reposición na Pista Veiga 2, tamén situada na parroquia de Santa María de Magazos.

O tramo desta actuación ten unha lonxitude de 305,00 metros e unha anchura media de 5,5 metros, sendo a superficie de actuación de 1.677.50 m2; igual que na obra anterior, realizaranse labores de mellora e mantemento do vial.

Esta obra ten un orzamento de contrata de 25.000,00 euros e está financiada íntegramente pola Deputación Provincial de Lugo, dentro do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2020.

Coa execución destas dúas actuacións, o Concello de Viveiro pretende subsanar as deficiencias que presentaban estes dous viais de titularidade municipal como consecuencia do paso do tempo, as inclemencias meteorolóxicas e, sobre todo, polo tránsito de vehículos e maquinaria, que provocaran un elevado desgaste e deterioro da súa capa de rodadura.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar