14
Xullo
OBRAS EN ROTONDAS
O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DE OBRAS NOS PRÓXIMOS DÍAS PARA REPARAR O FIRME NAS ROTONDAS DE VERXELES, ECCE HOMO E A ESTACIÓN DE AUTOBUSES
Viveiro, 13 de xullo de 2020. O Servicio Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia vai reparar nos próximos días o firme nas rotondas de Verxeles, Ecce Homo e a Estación de Autobuses, dando resposta ás reiteradas solicitudes do Concello de Viveiro.
Co fin de evitar problemas de tráfico, o equipo de goberno de Viveiro tomou a decisión de realizar o traballo en horario nocturno a partir das 23:00 horas.
Se as condicións atmosféricas o permiten, a empresa de mantemento de Infraestruturas, Copasa, ten planificado repoñer o aglomerado nas noites do martes 14, mércores 15 e xoves 16 do presente mes.
Inicialmente, estaba previsto comezar estas obras o pasado 5 de xullo, sendo preciso naquel momento aprazar o seu inicio. O Concello de Viveiro pide disculpas á veciñanza polas molestias que as obras poidan provocar.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro