13
Outubro
OFICINA INFORMACION XUVENIL
A OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL DE VIVEIRO TRAMITA MÁIS DE 165 BOLSAS DE ESTUDOS PARA O ALUMNADO DE BACHERELATO, FP E UNIVERSIDADE
Viveiro, 11 de outubro de 2020. O Concello de Viveiro informa que desde a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) continuouse un ano máis co servizo de asesoramento á mocidade do municipio na realización dos distintos trámites académicos.
A oficina prestou axuda especialmente para aqueles trámites relacionados coa solicitude de bolsas de estudos do Ministerio de Educación para niveis postobrigatorios non universitarios e universitarios, así como para a solicitude de bolsas para o alumnado con necesidades educativas especiais.
Neste senso, dende a Oficina asesourouse na tramitación de 103 solicitudes de bolsas para estudos de FP, Bacharelato e Ensinanzas de Grado Profesional de Música.
No referente a estudos universitarios, foron un total de 60 mozas e mozos os que demandaron este servizo para realizar a súa solicitude de bolsa para o curso 2020/2021.
No caso de alumnado de Infantil e Primaria con necesidades educativas especiais realizáronse un total de 4 solicitudes. A OMIX lembra que o prazo para solicitude de bolsa para estudos universitarios segue aberto ata o 15 de outubro.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro