01
Agosto
OPERATIVA A PISTA DE SKATE EN LODEIRO
A ALCALDESA DE VIVEIRO ANUNCIA QUE A PISTA DE SKATE NA ZONA DE LODEIRO XA ESTÁ OPERATIVA
“Con este Skatepark damos resposta a un espazo moi demandado polos veciños e veciñas de Viveiro”, subliña María Loureiro
Viveiro, 1 de agosto de 2024. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, informa de que a nova pista de Skatepark na zona de Lodeiro xa está operativa desde hoxe.
As obras tiveron un orzamento de 131.000 euros e o proxecto inicial foi readaptado para habilitar un espazo más seguro e apto para esta modalidade deportiva.
A construción desta pista permite á veciñanza dispor dunha nova área de lecer na vila coas medidas de seguridade e técnicas que exixe un espazo destas características, dotado ademais de ramplas con diferentes niveis, obstáculos e distintos elementos patinables.
"Con este Skatepark damos resposta a un espazo moi demandado polos veciños e veciñas de Viveiro”, subliña a alcaldesa María Loureiro.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro