Peche temporal Oficina de Turismo

PECHE TEMPORAL OFICINA DE TURISMO

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DO PECHE TEMPORAL DA OFICINA DE TURISMO POLO CONTACTO DIRECTO DE PERSOAL DA MESMA CUN POSITIVO POR COVID-19

Viveiro, 7 de decembro de 2020. O Concello de Viveiro informa que a Oficina de Turismo vai permanecer pechada por contacto directo do seu persoal da oficina cun positivo por Covid-19, atopándose en corentena á espera dos resultados da PCR.

Mentres a oficina permanece pechada, por prevención vaise realizar unha labor de desinfección completa.

Na porta da oficina están os códigos QR de todos os folletos do Concello de Viveiro, por se algún visitante quixera acceder aos mesmos, podendo descargar así mesmo a App do concello na que se pode consultar toda a información.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar