15
Febreiro
PERCORRIDO E HORARIOS DOS DESFILES DO ENTROIDO ESCOLAR
O CONCELLO DE VIVEIRO ANUNCIA O PERCORRIDO E HORARIOS DOS DESFILES DO ENTROIDO ESCOLAR
Viveiro, 15 de febreiro de 2023. O Concello de Viveiro anuncia o percorrido e o horario do Entroido Escolar “Á mañanciña” co desfile dos máis cativos polas rúas.
Os primeiros en tomar parte desta festa son os escolares do colexio Landro, que dende as 11:30 horas de mañá, xoves, amosarán os seus disfraces baixando por Santa María para pasar despois pola Praza Maior e a Praza de Lugo. Dende alí, cruzarán ata a porta de Carlos V para regresar de novo ao colexio.
O venres, día 17, producirase o desfile máis multitudinario coa participación de ata cinco centros escolares de Viveiro.
No caso do EEI San Roque, o alumnado sairá ás 11:00 horas do colexio nun percorrido de ida e volta que os levará rúa abaixo para cruzar á altura do Muro ata a Praza da Fontenova.
Tamén ás 11:00 é a hora fixada para que os escolares do CEIP Galdo saian cara a estación de autobuses. Dende alí partirán media hora despois ata a Plaza de Lugo cara a Praza Maior onde farán unha pequena actuación para regresar polo mesmo percorrido.
Pola súa banda, o desfile do CEIP Celeiro sairá as 11:30 horas nun percorrido polas rúas do Chao, o CEIP Lois Tobío farao ás 13:45 nun trazado polo paseo marítimo enfronte ao colexio, e o CEIP Covas desfilará dende as 10:30 horas.
O Concello de Viveiro recorda tamén que mañá xoves, 16 de febreiro, a programación do Entroido 2023 inclúe o “Juepeo especial de comadres” nos locais de hostalaría do Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro. Non faltarán as boas tapas, o bo ambiente, a música de cantos de taberna e moitas sorpresas.
“Queremos que a xente desfrute do Entroido, que os veciños e veciñas de todas as idade se sintan partícipes da festa e estamos convencidos de que o programa que ofrece o Concello de Viveiro cumprirá con este obxectivo”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro