PERSOA INDIXENTE

PERSOA INDIXENTE

O CONCELLO DE VIVEIRO CONVOCA UNHA REUNIÓN COS CORPOS DE SEGURIDADE E SERVIZOS SOCIAIS PARA SOLUCIONAR OS PROBLEMAS EN LODEIRO CUNHA PERSOA INDIXENTE

Viveiro, 15 de outubro de 2021. O Concello de Viveiro informa que está a traballar para solucionar os problemas xurdidos na zona de Lodeiro e na súa contorna, dada a preocupación suscitada entre veciños e comerciantes polas actuacións dunha persoa indixente con comportamentos agresivos. Actualmente, constan denuncias na Policía Nacional por esta situación.


 

Deste modo, co obxectivo de solucionar esta situación, o Concello de Viveiro convoca unha reunión urxente para o vindeiro luns 18 de outubro. Dita xuntanza contará coa presenza da Policía Local, a Policía Nacional e os Servizos Sociais, co fin de dar solución a este problema de forma conxunta co goberno local.


 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar