PERSOAL PARA TRABALLAR NA CAMPAÑA CONTRAINCENDIOS

PERSOAL PARA TRABALLAR NA CAMPAÑA CONTRAINCENDIOS

O CONCELLO DE VIVEIRO CONVOCA DÚAS SELECCIÓNS DE PERSOAL PARA TRABALLAR NA CAMPAÑA CONTRAINCENDIOS

Viveiro, 1 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro anuncia a convocatoria de selección de oito traballadores no marco da prevención e defensa contra os incendios forestais. A convocatoria de ditas prazas publicouse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Lugo do pasado venres, 28 de maio de 2021, e ambas son convocatorias de selección de persoal laboral temporal mediante a modalidade de contrato laboral eventual por circunstancias da produción.

Ambas convocatorias están ao amparo de Convenio de Colaboración subscrito entre a consellería do Medio Rural e o Concello de Viveiro para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais.

A primeiras das convocatorias recolle a contratación de cinco traballadores (1 xefe de brigada, 1 peón condutor e 3 peóns), cunha duración do contrato de 3 meses.

A segunda convocatoria inclúe a contratación de 3 condutores de motobomba, cunha duración do contrato de 2 meses e medio.

As bases de ambos procesos están publicadas na páxina web do Concello (www.viveiro.es) e no taboleiro de anuncios dixital.

 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro.

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar