Pintado de estradas

PINTADO DE ESTRADAS

O CONCELLO DE VIVEIRO ANUNCIA QUE OS TRABALLOS DE PINTADO DAS ESTRADAS LU-862, LU-540 E VARIANTE COMEZARÁN FINALMENTE O XOVES DÍA 6 POLA PREVISIÓN METEOROLÓXICA

Viveiro, 31 de xullo de 2020. O Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas que as obras de pintado que a Xunta de Galicia tiña previsto iniciar na noite do domingo 2 de agosto se pospoñerán á vindeira semana, como consecuencia das previsións meteorolóxicas previstas para ese día.

 

Segundo a información falicitada, a intención é que estas actuacións se inicien o vindeiro xoves, 6 de agosto, en horario nocturno co fin de evitar problemas de tráfico.

 

As labores previstas consisten no pintado da LU-539 (Variante) e da LU-862, dende a glorieta das Sirenas ata Area. O Concello de Viveiro pide disculpas á veciñanza polas molestias que as obras poidan provocar.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar