PISCINA MUNICIPAL

PISCINA MUNICIPAL

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DAS ACTIVIDADES ORGANIZADAS PREVISTAS PARA O MES DE XULLO NA PISCINA MUNICIPAL

Viveiro, 30 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas de das actividades organizadas na piscina municipal para este mes de xullo.
- Iniciación á natación para nenos e nenas nacidos/as entre 2012 e 2016, establecendo dous grupos con seis prazas en cada un deles.
Un grupo será os luns e mércores e o outro grupo, os martes e xoves. Nos dous casos, o horario da actividade será de 10:00 a 11:00.
O prazo para inscribirse nesta actividade remata o luns ou o martes da vindeira semana, en función do grupo.
- Actividade de sala mix training. Trátase dunha actividade nova que, durante este mes de xullo, será gratuíta para os socios, impartíndose de luns a venres, de 20:00 a 21:00 horas. É unha actividade multidisciplinar na que, cada día, se realizará unha actividade diferente. As prazas están limitadas a seis persoas por día.
As persoas interesadas poden obter máis información de calquera destas actividades ou realizar a reserva dirixíndose á recepción da piscina municipal ou chamando ao teléfono 982570610.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro
Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar