13
Xullo
PISTA DE SKATE
O CONCELLO DE VIVEIRO AVANZA NA CONSTRUCION DA PISTA DE SKATE NA ZONA DE LODEIRO COA PROPOSTA DE ADXDICACIÓN DAS OBRAS
Viveiro, 12 de xullo de 2023. O Concello de Viveiro celebrou onte diversas mesas de contratación, entre elas a destinada á tramitación das obras para a nova pista de Skatepark na zona de Lodeiro.
Na mesa de contratación celebrada deuse conta do informe de valoración técnica, procedeuse á apertura de ofertas económicas e realizouse xa unha proposta de adxudicación. As obras contan cun orzamento base de licitación de 131.000 euros.
A construción desta pista permitirá á veciñanza dispor dunha nova área de lecer na vila coas medidas de seguridade e técnicas que exixe un espazo destas características, dotado ademais de ramplas con diferentes niveis, obstáculos e distintos elementos patinables.
Coa construción deste Skatepark damos resposta a un espazo moi demandado polos veciños e veciñas de #Viveiro”, subliña a alcaldesa María Loureiro.
“Para poder levar a cabo esta pista foi necesario falar con monitores de skate sobre os elementos que precisaría unha área destas características, con técnicos municipais e con arquitectos expertos na elaboración deste tipo de proxectos. Finalmente valorouse que a mellor localización na vila sería na zona de Lodeiro”, recorda María Loureiro.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro