PISTA VEIGA 2

PISTA VEIGA 2

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DO COMEZO DAS OBRAS PARA RENOVAR A ‘PISTA VEIGA 2’ NA PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE MAGAZOS

Viveiro, 22 de marzo de 2021. O goberno municipal informa do inicio das obras de reposición do firma na pista denominada ‘Pista Veiga 2’, ubicada no lugar da Veiga, na parroquia de Santa María de Magazos.

As obras, cun orzamento de 25.000 euros, “dan resposta ás demandas dos veciños e veciñas da zona, mellorando as comunicacións na parroquia e aumentando a seguridade viaria de vehículos e peóns”, asegura María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.​

As actuacións previstas consisten en labores de mantemento, tanto do firme existente mediante bacheo como de mantemento dos marxes do vial mediante a limpeza de cunetas, e en labores de mellora, mediante o reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas que se axusten ás características do tráfico rodado que soportan.

Inclúen, ademais, o saneado e limpeza dos sumideiros de augas pluviais, repoñendo todas aquelas pezas e elementos que presenten algún tipo de deterioro.​

Esta actuación forma parte do plan integral de mellora de viais e camiños do grupo de goberno de Viveiro, tanto no casco urbano como nas parroquias.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar