06
Maio
PLAN DE IGUALDADE PARA PERSOAL MUNICIPAL
O CONCELLO DE VIVEIRO AVANZA NO SEU PLAN DE IGUALDADE PARA PERSOAL MUNICIPAL
Viveiro, 5 de maio de 2022. No día de hoxe tivo lugar a segunda xuntanza da Comisión Negociadora do Plan de Igualdade para empregados/as públicos do Concello de Viveiro.
Tras aprobar a constitución da comisión, procedeuse á aprobación do seu regulamento, para o que se tiveron en conta as modificacións propostas polos representantes sindicais. Con respecto ao Plan de Igualdade, acordouse que a partir deste momento cada sindicato remita as súas propostas para empezar a negociación do plan, de cara á convocatoria da seguinte reunión.
Co impulso e aprobación deste primeiro plan de igualdade, o Concello de Viveiro reforza o seu compromiso no traballo pola igualdade entre mulleres e homes en todos os ámbitos.
A súa aprobación suporá dar cumprimento aos preceptos legais vixentes no que respecta ás obrigas de todas as administracións públicas. Isto implica adoptar medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación por razóns de xénero e á elaboración dun plan no seo da organización.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro