12
Abril
PLAN TRAFICO SEMANA SANTA 2017
Plan trafico Semana Santa 2017
Dª. MARIA LOUREIRO GARCÍA, ALCALDESA DO CONCELLO DE VIVEIRO
Con motivo da celebración da Semana Santa, INFORMA QUE
- O xoves 12 de abril, a partir das 12:00 horas, establecerase unha vía alternativa para comunicar a rúa Río dos Foles con Rego das Flores, permitindo o paso alternativo mediante os semáforos que permanecerán instalados ata o domingo; esta medida servirá para aliviar a circulación da Avda de Cervantes cando este vial permaneza cortado (esta avenida cortarase o xoves e venres, dende as 18:00 horas e ata a finalización das procesións).
- O xoves 12 e venres 13 de abril restrinxirase o uso das zonas de carga e descarga e estacionamentos (agás as prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida) ubicados na marxe dereita da Travesía da Mariña durante o horario das procesións.
- Durante o paso das procesións que transcurren pola Travesía da Mariña, tanto o xoves como o venres, o tráfico procedente de Lugo pola LU-540 será desviado, á altura da Glorieta de Ferrol, pola Variante.
- Co obxecto de garantir a seguridade das procesións que transcorren pola travesía, contarase coa colaboración do Parque de Bombeiros para a colocación de dous camións que se ubicarán na rúa Navia Castrillón e Avda. de Galicia.
- Ademais do aparcamento habilitado na explanada do Porto Deportivo, dende mañá e ata domingo, tamén se poderá estacionar na explanada da Tesourería Xeral da Seguridade Social, ao lado de Correos. Dende o concello quérese agradecer tanto a Portos de Galicia como aos responsables provincias do INSS por atender as nosas peticións e autorizar que estas dúas zonas sexan empregadas como estacionamento.
Viveiro, na data que figura á marxe.
A alcaldesa
María Loureiro GarcíaDª. MARIA LOUREIRO GARCÍA, ALCALDESA DO CONCELLO DE VIVEIRO

María Loureiro García