PLANS DE SOSTIBILIDADE TURÍSTICA

PLANS DE SOSTIBILIDADE TURÍSTICA

O CONCELLO DE VIVEIRO RECADA A OPINIÓN DOS CIDADÁNS PARA PRESENTAR A SÚA CANDIDATURA Á CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DOS PLANS DE SOSTIBILIDADE TURÍSTICA

Viveiro, 1 de marzo de 2023. O Concello de Viveiro impulsa a difusión dunha enquisa dirixida en exclusiva á cidadanía, enmarcada no proceso participativo paralelo á redacción do documento de Plan de Sostibilidade Turística en Destino de Viveiro.

 

O cuestionario forma parte das accións promovidas dende o goberno local de cara a presentar a súa candidatura á Convocatoria Extraordinaria de Plans de Sostibilidade Turística en Destinos deste ano 2023, aberta pola Secretaría de Estado de Turismo.

 

Co citado cuestionario búscase recadar a opinión dos cidadáns sobre as acciones prioritarias a levar a cabo.

 

Todas elas deben ser viables técnica e economicamente, ademais de estar na liña coas políticas europeas, nacionais e rexionais.

 

A enquisa estará dispoñible dende hoxe ata este sábado día 4 de marzo.

 

Enlace á enquisa: https://bit.ly/41BcLFd

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar