PLATAFORMA POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

PLATAFORMA POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

O CONCELLO DE VIVEIRO APOIA AS REIVINDICACIÓNS DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA “POLAS DEFICIENCIAS E A SITUACIÓN INSOSTIBLE DO CENTRO DE SAÚDE”

Viveiro, 17 de xaneiro de 2022. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, mantivo está mañá unha reunión con representantes da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Mariña, que foi solicitada para falar das deficiencias que se están a producir no centro de saúde de Viveiro.

Hai tempo que se vén demandando unha mellora na atención e no servizo prestados no Centro de Saúde de Viveiro, pero nas últimas semanas a situación convertiuse en insostible”, afirma Loureiro.

As queixas recibidas ao respecto fan referencia á existencia dun único médico para atender, durante as vacacións, a unha poboación de máis de 15.000 habitantes; á falta de persoal; á atención teléfonica ou ao mal funcionamento do Punto de Atención Continuada (PAC), no que se presta atención aos veciños de Ourol, O Vicedo e Viveiro e que, ante esta situación, están acudindo directamente ao servizo de urxencias do Hospital de Burela.

Na reunión celebrada no día de hoxe valorouse a situación e as posibles actuacións a levar a cabo, tanto por parte do Concello de Viveiro como pola Plataforma, para que por parte da administración competente, a Consellería de Sanidade da Xunta, se tomen as medidas oportuna para solucionar a situación actual.


 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar