PLENO MUNICIPAL

PLENO MUNICIPAL

O CONCELLO DE VIVEIRO DECIDE APRAZAR O PLENO MUNICIPAL DESTA TARDE COMO MOSTRA DE APOIO AO SECTOR HOSTALEIRO LOCAL

Viveiro, 1 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro informa do anuncio da alcaldesa, María Loureiro, de aprazar o Pleno Municipal previsto para hoxe martes, ás 20:30 horas.

Con esta decisión, o executivo local quere mostrar o seu apoio ao sector da hostalería local, que se mobilizará esta tarde ás 20:00 debido á redución da súa actividade tras as novas limitacións impostas polo Comité Clínico a pasada semana.

Tras comentar o asunto cos demais voceiros municipais, existe unanimidade ao respecto do aprazamento proposto polo goberno local, para poder deste xeito apoiar á hostalería na súa reivindicación. 

 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar