POLICÍA DE VIVERO LOCAL EVACUA ESTABLECIMIENTO DE OCIO NOCTURNO ABIERTO, ABIERTO Y CON CLIENTES

POLICÍA DE VIVERO LOCAL EVACUA ESTABLECIMIENTO DE OCIO NOCTURNO ABIERTO, ABIERTO Y CON CLIENTES

POLICÍA DE VIVERO LOCAL EVACUA ESTABLECIMIENTO DE OCIO NOCTURNO ABIERTO, ABIERTO Y CON CLIENTES

Viveiro, 4 de setembro de 2020. Unha patrulla da Policía Local de Viveiro, dentro dos operativos establecidos para o control e vixiancia das medidas acordadas pola Consellería de Sanidade para facer fronte á crise sanitaria, detectou o pasado luns que un establecemento con licenza de lecer nocturno estaba aberto ó público.

Os feitos ocorreron en torno ás once da noite, cando o establecemento, ubicado nas proximidades da estrada LU-540, tiña as súas portas abertas. Foi entón, cando os axentes accederon ó seu interior e puideron comprobar a existencia de clientes que estaban facendo consumicións, e algúns deles sen facer uso obrigatorio da máscara respiratoria, sen causa xustificada.

Por elo, procedeuse ó desaloxo do local e a facer as correspondentes propostas de sancións, por infracción, entre outras, ao estipulado na ORDE do 15 de agosto de 2020 pola que se modifican determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, e do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, a cal establece que os  establecementos de lecer nocturno permanecerán pechados.

Nas devanditas labores a Policía Local contou coa colaboración dos axentes do Corpo Nacional de Policía.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar