09
Novembro
PORNOGRAFÍA. EL PLACER DEL PODER
O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE O DÍA 17 A PRESENTACIÓN DO LIBRO ‘PORNOGRAFÍA. EL PLACER DEL PODER’ DE ROSA COBO
Viveiro, 8 de novembro de 2022. O Observatorio da Mariña pola Igualdade, organiza coa colaboración do Concello de Viveiro a presentación do libro ‘Pornografía. El Placer del Poder’, o xoves 17 de novembro na Sala Multiusos do Concello a partir das 20.30 horas.
A obra da académica e feminista Rosa Cobo repasa as orixes da pornografía co propósito de espertar conciencias e alertar sobre os efectos do consumo. Neste libro tamén se trata a súa efectividade á hora de construír un discurso e un imaxinario de violencia misóxino, ademais de advertir sobre a relación directa existente entre a pornografía e a prostitución.
Á presentación de ‘Pornografía. El Placer del Poder’ asistirá o Clube de Lectura nunha cita coordinada pola Concellería de Cultura, que contará tamén coa presenza das librarías da vila con exemplares do libro para a súa venda.
Saúdos, Concello de Viveiro.