10
Abril
PORTO DEPORTIVO
O CONCELLO DE VIVEIRO PON A EXPLANADA DO PORTO DEPORTIVO A DISPOSICIÓN DOS VECIÑOS E VISITANTES PARA ESTACIONAR DESDE HOXE E ATA O 17 DE ABRIL
Viveiro, 8 de abril de 2022. O Concello de Viveiro informa que desde hoxe, venres 8 de abril, e ata o domingo 17 de abril poderase estacionar na explanada do porto deportivo de Viveiro.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, realizou as xestións necesarias con Portos de Galicia, solicitando que se autorizase o uso dese espazo para este fin, tendo en conta a necesidade de ampliar as prazas de estacionamento existente ante a afluencia masiva de vehículos durante a celebración da Semana Santa.
Deste xeito, dende o día de hoxe e durante toda a Semana Santa veciños e visitantes poderán estacionar neste espazo.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro