PRAIAS SEN FUME

PRAIAS SEN FUME

O CONCELLO DE VIVEIRO SÚMASE Á REDE GALEGA DE PRAIAS SEN FUME COA INCORPORACIÓN DAS PRAIAS DE COVAS E AREA 

Viveiro, 30 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro súmase á Rede galega de praias sen fume, promovida polo Programa de promoción da vida sen tabaco da Dirección Xeral de Sáude Pública da Consellería de Sanidade, coa incorporación á rede das praias de Covas e Area.
Os obxectivos da iniciativa Praias sen fume son promocionar unha vida sen tabaco, desnormalizar o consumo do tabaco na sociedade, reforzar o papel modélico-positivo dos pais/nais, formar unha rede galega de ‘Praias libres de tabaco’ e promover praias que respecten e coiden o medio ambiente.
Esta campaña ten un fin educativo, de promoción da saúde e de protección do medio ambiente, sendo o seu cumprimento voluntario.
 
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro
Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar