02
Xuño
PRAZO PARA A PRESENTACIóN DE SOLICITUDES PARA O PROCESO SELECTIVO DE DOUS ADMINISTRATIVOS POR ACUMULACIóN DE TAREFAS
No BOP do 12 de marzo de 2020 publicouse a convocatoria do Concello de Viveiro para o proceso selectivo de dous administrativos por acumulación de tarefas, para a súa contratación por un periodo de 6 meses. Nas bases da convocatoria establecíase que o prazo de presentación de solicitudes sería de 5 hábiles a contar dende o día seguinte ao da súa publicación do boletín oficial, polo que este prazo comezou o 13 de marzo, quedando interrompido tras a declaración do estado de alarma.
Tendo en conta o levantamento da suspensión dos prazos administrativos, con efectos dende o día de hoxe, todas aquelas persoas interesadas en participar no proceso selectivo poden presentar ás súas solicitudes dende o día de hoxe, 1 de xuño, ata o vindeiro xoves, 4 de xuño (ambos os dous incluídos).