PREMIO ESCOBA DE PLATA

PREMIO ESCOBA DE PLATA

MARÍA LOUREIRO E MIRIAM BERMÚDEZ RECOLLERON HOXE EN MADRID A ESCOBA DE PLATA POLO SERVIZO DE QUITA E PON NO CASCO HISTÓRICO DE VIVEIRO

A Escoba de Plata foi outorgada a Viveiro na categoría A da mesma por conseguir, "por un lado, retirar os contedores, mellorando a percepción xeral de limpeza, e por outro, facilitar o acceso ás recollidas selectivas, que anteriormente non se levaban a cabo nesta zona".
 
A tenenta de alcaldesa Míriam Bermúdez sinala que "é unha honra recibir este recoñocemento ao noso labor para facer de Viveiro un sitio cada vez máis limpo e agradable para vivir".
 
Pola súa banda, a alcaldesa María Loureiro explica que "no 2022 houbo un cambio no servizo de limpeza, e xa no contrato se incluía o servizo de quita e pon, desenvolto finalmente en decembro de 2023".
 
"Este servizo está funcionando moi ben, e a distinción que agora recibimos confirma que estamos no bo camiño e nos anima a continuar mellorando Viveiro nesta liña", engaden.
  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar