PREMIO JOSÉ LUIS ALVITE

PREMIO JOSÉ LUIS ALVITE

O TEATRO PASTOR DÍAZ DE VIVEIRO ACOLLE MAÑÁ O ACTO DE ENTREGA DO PREMIO JOSÉ LUIS ALVITE A RAMÓN PERNAS

Viveiro, 2 de maio de 2023. O Teatro Pastor Díaz do Concello de Viveiro acolle mañá mércores, ás 19:00 horas, o acto de entrega ao viveirense Ramón Pernas do Premio José Luís Alvite que lle concede a Asociación de Periodistas de Galicia (APG).

A cita contará coa presenza do Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade, Román Rodríguez González, da alcaldesa, María Loureiro, xunto á presidenta da APG, María Méndez, e directivos da entidade.

A entrega da oitava edición destes galardóns será conducida pola xornalista Juana Carrera.

O xurado do Premio José Luís Alvite concedeu ao xornalista, escritor e crítico literario Ramón Pernas esta distinción “pola súa longa e brillante traxectoria como articulista e columnista, ademais de ter exercido durante décadas, con éxito, o oficio de xornalista nas súas máis diversas vertentes, incluídos varios cargos de responsabilidade en medios de comunicación”.

Dende o Concello de Viveiro convidase á veciñanza a sumarse a esta homenaxe a Ramón Pernas nun acto que está aberto ao público.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar