PREMIO JOSÉ LUIS ALVITE

PREMIO JOSÉ LUIS ALVITE

VIVEIRO ARROUPA A RAMÓN PERNAS NO ACTO DE ENTREGA DO PREMIO JOSÉ LUIS ALVITE

Viveiro, 4 de maio de 2023. O Teatro Pastor Díaz acolleu onte un acto emotivo, entrañable, no que quedou patente o cariño mutuo entre Ramón Pernas e o seu Viveiro natal.

O escritor recibiu o premio José Luís Alvite 2023 da Asociación de Periodistas de Galicia (APG) nunha cerimonia á que asistiron a alcaldesa, María Loureiro; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, entre outros representantes públicos, así como un gran número de veciños e veciñas do xornalista que quixeron arroupar a un dos seus nun día tan especial.

“A través dos seus ollos, da súa arte, das súas letras, Viveiro, ou Vilaponte nas túas novelas, transcende todas as fronteiras e chega a fogares que doutro xeito sería impensable alcanzar”, subliñou a rexedora.

“Ramón está connosco sempre co seu constante labor de promoción de Viveiro, continuando un traballo a prol da cultura, da dinamización e do asociacionismo da vila que inicio xa de neno, exercendo de gran embaixador da nosa vila en canto premio, galardón, ou recoñecemento recibe e sobre todo está sempre a través dos seus libros e artigos, que o converten en cronista da nosa historia”, engadiu María Loureiro.

Emocionado, Ramón Pernas agradeceu todas as mostras de cariño. "Recibir este galardón no meu pobo, en Viveiro, é como escribir o editorial do que foi a miña vida en primeira páxina", afirmou o escritor.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar