Premio novela Vilar Ponte

PREMIO NOVELA VILAR PONTE

O CONCELLO DE VIVEIRO DECIDE POSPOÑER AO ANO 2021 O PREMIO DE NOVELA VILAR PONTE PARA CELEBRAR O ACTO EN MELLORES CONDICIÓNS

Viveiro, 14 de setembro de 2020. O Concello de Viveiro decidiu pospoñer a celebración do III Premio de Novela Vilar Ponte, que terá lugar en 2021. Esta decisión adoptouse tendo en conta as circunstancias actuais, en aras a preservar a saúde pública e co obxectivo de celebrar o acto de entrega en mellores condicións.

O goberno municipal agarda que o vindeiro ano poida dar continuidade a este certame que naceu co dobre obxectivo de render homenaxe aos irmáns Antón e Ramón Vilar Ponte e recoñecer a súa labor, ao tempo que se pretende apoiar e difundir a literatura en lingua galega.

Confía, ademais, que esa terceira edición sexa un novo éxito e que, igual que nas anteriores, se manteña á alta participación e calidade das obras presentadas, logrando consolidar este premio literario dentro do marco cultural galego.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar