27
Maio
PRESENTACIÓN DA 5ª ETAPA DE LA VUELTA CICLISTA A ESPAÑA 2016
A Alcaldesa, o Presidente da Deputación, a Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo e o Director de la Vuelta Ciclista a España 2016 presentaron o mércores 25 de maio a 5ª etapa desta proba deportiva que ten como saída o concello de Viveiro.
O próximo 24 de agosto Viveiro acollerá a saída da quinta etapa desta importante competición deportiva; estou convencida de que será unha xornada que pasará á historia, na que teremos a oportunidade de mostrar que Viveiro é un municipio acolledor e hospitalario, comprometido co deporte e con múltiples atractivos turísticos, entre os que destaca o seu gran patrimonio histórico e natural. Considero que este feito, ser un dos municipios dos que parte unha das etapas da Vuelta Ciclista a España, é unha oportunidade única para promocionar Viveiro e quero, por isto, agradecer á organización do evento por brindarnos esta posibilidade.
Estou convencida de que a retransmisión deste importante evento deportivo servirá para os millóns de telespectadores que sigan esta proba descubran parte dos nosos múltiples recursos turísticos e se animen a coñecernos.
Ademais da promoción turística, é necesario facer fincapé na importante repercusión económica que este evento terá para o concello, pois, ademais de acoller á enorme familia da Vuelta Ciclista, formada por deportistas, organizadores, técnicos o informadores, entre outros, atraerá ata Viveiro a numerosos visitantes que compartirán con nós un día moi especial.
Viveiro é un municipio comprometido co deporte e sentímonos orgullosos de formar parte da historia de la Vuelta Ciclista a España.