PRESENTACIÓN DA 7ª EDICIÓN DA CAMOVI

PRESENTACIÓN DA 7ª EDICIÓN DA CAMOVI

Hoxe, na Casa do Concello de Viveiro, tivo lugar a presentación da sétima edición da Carreira de Montaña Montes de Viveiro – CAMOVI -.

Neste acto estiveron presentes Manuel Otero Méndez, Xefe Territorial de Deportes; Pedro Esmorís, director da carreira; Alfredo Navarro, membro da organización; Gonzalo Balseiro, de Caixa Bank; e, por parte do Concello de Viveiro, o Tenente de Alcalde Jesús Fernández Fernández e a Concelleira de Turismo Marisol Rey Yáñez.

 

Na presentación destacouse a importancia desta proba, que nos seus sete anos de historia conseguiu gran proxección e repercusión, situando a Viveiro no mapa nacional do deporte. A CAMOVI destaca pola súa dureza, pero tamén pola súa beleza e vistosidade grazas, en gran medida, á orografía dos montes que circundan Viveiro.

 

Dende o Concello de Viveiro desexamos que tanto os participantes locais como todos aqueles que este fin de semana se acheguen ao noso municipio para participar na CAMOVI, en total uns 300 corredores, disfruten desta importante proba, así como do noso entorno e dos múltiples recursos que ofrece Viveiro.

 

Finalmente, dende o Concello de Viveiro quérese manifestar o seu apoio a esta gran carreira, coa que se colabora mediante recursos humanos, económicos e materiais.

 

Viveiro, na data que figura á marxe.

O Concelleiro,

Jesús Fernández Fernández 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar