PRESENTACIÓN DA PROGRAMACIÓN ORGANIZADA POLO CONCELLO DE VIVEIRO PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

PRESENTACIÓN DA PROGRAMACIÓN ORGANIZADA POLO CONCELLO DE VIVEIRO PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A Alcaldesa, o Concelleiro de Educación e a Concelleira de Cultura convocaron aos medios de comunicación para presentar os actos organizados para celebrar o Día das Letras Galegas

O vindeiro sábado, 30 de abril, arrinca a programación organizada polo Concello, a través das concellarías de Cultura e de Educación, para celebrar o Día das Letras Galegas 2016. A programación inclúe diversos actos que se desenvolverán en distintas xornadas ata a súa clausura, o propio 17 de maio, data na que se celebra o Día das Letras Galegas.

 

Con esta efeméride, instituída en 1963 pola Real Academia Galega, preténdese homenaxear cada ano a aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria en galego ou pola súa defensa desta lingua, sendo o escritor Manuel María o homenaxeado na presente edición.

 

Entre os actos previstos, inclúense actividades coas que se pretende difundir a vida e obra do escritor chairego, como pode ser o obradoiro que terá lugar o vindeiro sábado, destinado ao público infantil; a proxección do documental que terá lugar o 6 de maio no Teatro Pastor Díaz, sobre a vida e obra do escritor; e a representación da peza teatral “Os soños da gaiola”, que terá lugar o 7 de maio, dirixido ao público infantil e baseado no libro homónimo, de poesía infantil, que Manuel María publicou en 1968.

 

A programación complétase con dous concertos, que terán lugar os días 16 e 17 de maio, nos que a Banda Municipal de Música, a Coral Polifónica Alborada e o Grupo Sons de Celeiro interprerán distintas pezas da música galega.

 

Con esta programación o Concello de Viveiro pretende sumarse ás múltiples actividades que ao longo do ano se desenvolverán nos distintos municipios galegos para homenaxear a un dos escritores máis representativos da literatura galega.

 

 

PROGRAMA LETRAS GALEGAS 2016.

 

30 DE ABRIL- 16:00 HORAS- BIBLIOTECA MUNICIPAL- A LANTERNA MÁXICA- Taller para nenos de 8 a 14 anos.

A Lanterna Máxica é un obradoiro no que se mestura o máis divertido do cine, o teatro e a literatura. A partir de diferentes xogos de interpretación as nenas e os nenos de 8 a 14 anos de Viveiro, converteranse nos verdadeiros protagonistas dunha actividade breve pero intensa, que culminará coa grabación de diferentes textos de Manuel María, no que os participantes intervirán como pequenas actrices e actores.

 

6 DE MAIO- 21:00 HORAS- TEATRO PASTOR DÍAZ- Entrada gratuita- Proxección dun documental sobre a vida e obra de Manuel María.

 

7 DE MAIO- 18:00 HORAS- TEATRO PASTOR DÍAZ- Entrada gratuita- Representación da obra de teatral Os soños na gaiola, da compañía Trinke Trinke, dirixida ao público infantil. Esta obra é unha homenaxe ao poeta Manuel María e nela danse a coñecer parte dos poemas do seu libro Os soños na gaiola. Na función Trinke Trinke presenta aos nenos os poemas do escritor ao través da música e o xogo

 

16 DE MAIO- 21:00 HORAS- CONCERTO DA BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA NA SALA MULTIUSOS DA CASA DO CONCELLO

 

17  DE MAIO- 12:00 HORAS- CONCERTO DA CORAL ALBORADA E DO GRUPO SONS DE CELEIRO NA PRAZA DA FONTENOVA

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar