05
Outubro
PRESENTACIÓN DO ACTO ORGANIZADO POLO CONCELLO DE VIVEIRO E A REAL ACADEMIA GALEGA PARA CELEBRAR O CENTENARIO DAS IRMANDADES DA FALA
A Alcaldesa e a Concelleira de Cultura deron a coñecer os detalles do acto que terá lugar o vindeiro sábado, 8 de outubro, no Teatro Pastor Díaz para conmemorar a celebración da creación das Irmandades da Fala.
O acto referido, que dará comezo ás 12:00 horas, contará coa presenza do Presidente da Real Academia Galega, que se encargará, xunto coa Alcaldesa, da apertura; dunha mesa redonda, moderada polo Cronista Oficial de Viveiro, coa participación de Emilio Xosé Ínsua, Antón Costa e Isabel Seoane; e mais a intervención musical dun profesor do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.