PRESENTACIÓN DO SELO DE CORREOS DEDICADO A MARUJA MALLO

PRESENTACIÓN DO SELO DE CORREOS DEDICADO A MARUJA MALLO

O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE ESTE MÉRCORES A PRESENTACIÓN DO SELO DE CORREOS DEDICADO A MARUJA MALLO

Viveiro, 13 de marzo de 2023. O Concello de Viveiro acolle este mércores, día 15, a presentación oficial do Selo de Correos dedicado a Maruja Mallo dentro da serie “Mujeres en el Arte”.

A cita, que se desenvolverá a partir das 12:00 horas no Salón Multiusos, forma parte do programa de actividades do Concello por mor do Día Internacional da Muller e da continuidade aos actos de celebración do 120 aniversario do seu nacemento iniciados hai un ano.

Correos emite este selo poñendo en valor a figura dunha das maiores expoñentes do cubismo e o surrealismo en España, que formou parte do grupo de mulleres artistas denominado ‘Las Sinsombrero’.

Exemplo de compromiso, rebeldía, transgresión e loita pola igualdade, Correos elixiu a Maruja Mallo para esta colección de #8MTodoElAño, dedicada a figuras emblemáticas na defensa dos dereitos da muller como Clara Campoamor, Isabel Zendal, Almudena Grandes ou Concepción Arenal.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro


 

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar