PRESENTACIÓN DOS CURSOS GRATUÍTOS DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE VIVEIRO

PRESENTACIÓN DOS CURSOS GRATUÍTOS DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE VIVEIRO

Durante o mes de maio de 2017, no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro impartiranse tres cursos gratuítos cos que se pretende amosar á cidadanía as distintas actividades formativas que ofrece o centro

Os concelleiros Jesús Fernández e Maria Carmen Franco; a xefa de estudos e o secretario do centro presentaron hoxe os cursos gratuítos que, ao longo do mes de maio, se impartirán no centro. Estes cursos están destinados a persoas sen coñecementos musicais e o seu obxectivo é achegar o conservatorio á cidadanía de Viveiro, mostrando as diferentes actividades formativas que se ofertan.

As persoas interesadas en participar nestes cursos, que organiza a Concellaría de Educación en colaboración co Conservatorio, poden obter máis información na secretaría do centro ou chamando ao teléfono 982560486. O prazo para inscribirse remata o 26 de abril de 2017.

Os cursos que se impartirán son os seguintes:

CURSO DE INICIACIÓN PARA ADULTOS: destinado a persoas adultas de calquera idade que non teñan coñecementos musicais      E QUE DESEXEN ADQUIRIR COÑECEMENTOS DE LINGUAXE MUSICAL.

CURSO DE INICIACIÓN MUSICAL PARA NENOS: dirixido a nenos nacidos no ano 2010.

CURSO DE INICIACIÓN AO INSTRUMENTO: destinados a nenos de 8 a 14 anos. –ACORDEÓN, BAIXO ELÉCTRICO, FRAUTA TRAVESEIRA, GAITA, PIANO, TROMPETA, TROMPA, TROMBÓN, VIOLÍN, VIOLONCHELO E VIOLA-.

 

Unha vez máis o Concello de Viveiro aposta pola cultura e, en concreto pola música, e desenvolve esta iniciativa dirixida a nenos pero tamén para adultos, unha actividade que se vén desenvolvendo nos últimos anos e que está tendo gran acollida. Entedemos que isto pode deberse, en parte, á demanda de adultos que, querendo iniciarse nos estudos musiciais e non tendo oportunidade no seu momento, encontran nesta actividade unha posibilidade de achegarse ao mundo da música e que, en moitos casos, deriva nunha posterior matrícula no seguinte ano.

 

Nos últimos dous anos participaron nestes cursos máis de 100 persoas, entre nenos e adultos, agardando que a presente edición manteña esta gran acollida.

 

 

 

 

Viveiro, na data que figura á marxe.

O Concelleiro,

Jesús Fernández Fernández 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar