PRIMEIRA BANDEIRA DE TRAIÑEIRAS DEPUTACIÓN DE LUGO

PRIMEIRA BANDEIRA DE TRAIÑEIRAS DEPUTACIÓN DE LUGO

A PRAIA DE COVAS DE VIVEIRO SERÁ ESTE SÁBADO O ESCENARIO DA PRIMEIRA BANDEIRA DE TRAIÑEIRAS DEPUTACIÓN DE LUGO

Viveiro, 31 de maio de 2023. O Club de Remo de Celeiro organiza este sábado, coa colaboración do Concello de Viveiro, a primeira Bandeira de Traiñeiras Deputación de Lugo, que comezará ás 17:00 horas.

Esta primera edición da Bandeira de Traíñeiras pertence á Liga Galega de veteranos. Será a primeira vez que o Club de Remo Celeiro compita nunha regata de traiñeiras como anfitrión, dando un paso máis cara a súa consolidación como unha referencia no remo lucense, sendo o único clube da provincia nesta modalidade.

O campo de regatas do sábado terá unha distancia total de 3.500 metros, distribuídos en catro tandas duns 875 metros. Nel competirán varios dos mellores clubes desta disciplina en Galicia, como os de Meira (Moaña), Chapela, Tirán, Esteiro, Rianxo ou Cesantes.

Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar