PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE NO MUNCIPIO

PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE NO MUNCIPIO

O CONCELLO DE VIVEIRO REALIZA TRABALLOS DE ACONDICIONAMENTO DE CARA Á CELEBRACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE NO MUNCIPIO

Viveiro, 4 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro acolle os días 8, 9 e 10 de xuño no IES Vilar Ponte as probas da ABAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade), polo que o goberno local estivo realizando os derradeiros traballos de acondicionamento para recibir aos 266 alumnos/as que se presentan aos exames.

Concretamente, persoal municipal de obras estivo trasladando esta semana mesas e cadeiras dende os edificios do centro aos pavillóns de Educación onde se celebran as probas. Así mesmo, persoal de xardinería estivo acondicionado as zonas verdes da contorna.

A distribución do alumnado segundo o seu centro de orixe é a seguinte:

IES de Ortigueira: 13

IES Dionisio Gamallo, Ribadeo: 39

IES Vilar Ponte, Viveiro: 40

IES María Sarmiento, Viveiro: 45

IES de Foz: 40

IES Monte Castelo, Burela: 42

IES Marques de Sargadelos, Cervo: 16

IES Perdouro, Burela: 27

CIFP Porta da Auga, Ribadeo: 4

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar