PROGRAMA CULTURAL PARA ESTE OUTONO

PROGRAMA CULTURAL PARA ESTE OUTONO

O CONCELLO DE VIVEIRO ANUNCIA O PROGRAMA CULTURAL PARA ESTE OUTONO "CUNHA OFERTA DE CALIDADE CON OPCIÓNS PARA TODAS AS IDADES"

Viveiro, 14 de outubro de 2021. O Concello de Viveiro presenta a súa programación cultural para os meses de outubro, novembro e decembro, que se realizará no Teatro Pastor Díaz. A programación para este outono inclúe distintas disciplinas artísticas con espectáculos de teatro, de maxia e concertos, con opcións para público adulto, adolescente e infantil.


 

A primeira función deste programa será este sábado 16 de outubro ás 20:30 horas, coa obra de teatro “Olvida los Tambores”, do grupo de teatro “Andanzas de Viveiro”. Entre os espectáculos ofrecidos destaca a actuación da Banda Municipal de Viveiro, que regresará a actuar no teatro tras a pandemia, e o espectáculo “Porvenir” da compañía Impromadrid, que tivo un gran éxito a nivel nacional e que recalará en Viveiro o 27 de novembro.


 

A programación inclúe un espectáculo cada sábado dos meses de outubro e novembro. A isto súmanse dúas actuacións os sábados 4 e 11 de decembro e dous espectáculos o xoves 23 e o martes 28 de decembro, coincidindo coas semanas de Nadal.


 

Ademais deste programa cultural, o Concello de Viveiro organizará actividades adicionais para conmemorar diferentes datas, como o Día contra a Violencia de Xénero ou durante o Nadal.


 

A normalidade comeza a chegar tamén á actividade cultural. Non obstante, a programación cultural de Viveiro nunca se detivo e ofrecimos opcións adaptadas ao contexto sanitario, polo que agradecemos ao público a súa fidelidade nestes meses”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.


 

As entradas poden adquirirse de luns a xoves no teléfono 982560162 en horario de 9:00 a 14:00 ou no enderezo electrónico rbg.cultura@viveiro.es. Tamén será posible adquirir as entradas media hora antes da función no propio teatro.


 

A nosa prioridade como goberno é propoñer á cidadanía unha oferta cultural de calidade, con opcións para todos os gustos e idades, ademais de que sexa unha cultura segura sanitariamente”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.


 

As actuacións seguirán en todo momento os protocolos COVID-19 indicados polas autoridades sanitarias. Polo tanto, será obrigatorio o uso de máscara, gardar a distancia de seguridade así como o uso de xel hidroalcohólico. Ademais, asignaranse butacas, intentarase agrupar ás unidades de convivencia e os aforos estarán limitados segundo as restricións actuais.


 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

 

PROGRAMACION CÚLTURAL

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar