02
Xullo
PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO
Dende o Concello de Viveiro lémbrase ás persoas interesadas en participar no Programa de Turismo do Imserso que o prazo para presentar solicitudes de altas novas temporada 2019-2020 está aberto do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2019, ambos inclusive; por outro lado, o prazo para a renovación de datos temporado 2019-2020, se estes datos non son correctos ou cambiaron, ata o 10 de xullo de 2019.
Poden obter máis información con respecto aos requisitos para participar no programa, modalidades de viaxe, servizos e prezos, poden dirixirse ao Centro de Servizos Sociais, sito nos Claustros de San Franciso, de luns a venres, de 9:00 a 13:00 horas.