PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO

PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO

O CONCELLO DE VIVEIRO RECORDA OS PRAZOS E REQUISITOS DO PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO NA TEMPADA 2021-2022

A Concellería de Benestar Social do Concello de Viveiro lembra a toda a veciñanza que o prazo para a presentación de solicitudes para participar no Programa de Turismo do Imserso (2021-2022) remata o vindeiro venres 30 de xullo de 2021, inclusive.

Non será necesario que as persoas acreditadas para viaxar en tempadas anteriores cumprimenten unha nova solicitude, xa que recibirán un documento no que figuran os datos persoais e de preferencia de destino e que, só no caso de que queiran modificar algún deses datos, deberán devolver ao Imserso no prazo establecido.

As persoas solicitantes deben cumprir algún dos seguintes requisitos:

Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos: ser pensionista de xubilación do sistema público español de pensións, ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos, ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos, ser titular ou beneficiario do sistema da seguridade social, con 65 anos cumpridos.

Os españois residentes no estranxeiro sempre que reúnan os requisitos esixidos no apartado anterior e os españois de orixe emigrantes que retornasen a España, sempre que sexan pensionistas dos sistemas públicos de seguridade social do país ou países aos que emigrasen.

Poderán participar o cónxuxe ou parella de feito sen necesidade de que estes reúnan os requisitos de idade ou pensión. Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, cun grao igual ou superior ao 45%.

MODALIDADES DE VIAXE:

Zona Costa Peninsular: estancias de 10 e 8 días na Comunidade Autónoma de Cataluña, Comunidade Autónoma de Andalucía, Comunidade Autónoma da Rexión de Murcia e Comunidade Valenciana.

Zona Costa Insular: estancias de 10 e 8 días na Comunidade Autónoma de Canarias e Comunidade Autónoma das Illas Baleares.

Turismo de Interior, con estancias de 4, 5 e 6 días, cos seguintes tipos de viaxes:

Circuítos culturais.

Turismo de natureza.

Capitais de provincia.

Cidades de Ceuta e de Melilla.

O prezo das prazas é en función do destino e duración da viaxe.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Para a presentación destas novas solicitudes disponse dos seguintes medios:

Pola súa sinxeleza, rapidez e seguridade, recoméndase a presentación de novas solicitudes de forma telemática a través da sede electrónica do Imserso.

Descargando da páxina web do Imserso ou na sede electrónica do Imserso o modelo de solicitude de participación no Programa de Turismo para a tempada 2021-2022.

No Departamento de Servizos Sociais do Concello de Viveiro ubicado nos Claustros de San Francisco, mediante cita previa solicitada a través do seguinte teléfono de contacto: 982550421. Dende este Departamento axudarase aos veciños e veciñas que así o precisen a cubrir o formulario ou a resolver as dúbidas que teñan a este respecto.

Para mais información recoméndase consultar as seguintes páxinas web de interese: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2021-10871
https://www.imserso.es/imserso_01/actualidad/2021/junio/IM_138113

GRAZAS POLO VOSO INTERESE!

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar