
12
Setembro
PROGRAMACIÓN FORMATIVA OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL DO CONCELLO DE VIVEIRO
O Concello de Viveiro inicia a vindeira semana o desenvolvemento da súa programación formativa para os mozos e mozas do municipio
O martes día 12 de setembro comezará a funcionar o servizo de Asesoría Psicolóxica destinada a persoas de entre 16 e 35 anos, coa finalidade de que reciban unha atención personalizada, gratuita e anónima que lles axude a resolver as súas inquedanzas.
A outra Asesoría que se pon en marcha está destinada a aquelas persoas menores de 35 anos que teñen unha idea de negocio e queren desenvolvela, ou están interesadas en recibir formación para nun futuro converterse en emprendedores. Este servizo comezará o día 18 de setembro cunha xornada de difusión que logo se materializará en sesións de titorización individual de forma presencial. As persoas interesadas poden anotarse no correo electrónico xuventudeviveiro@gmail.com .
Viveiro, 8 de setembro de 2017
A alcaldesa,
María Loureiro García