PROGRAMACIÓN TRIMESTRAL DO TEATRO PASTOR DÍAZ

PROGRAMACIÓN TRIMESTRAL DO TEATRO PASTOR DÍAZ

A MÚSICA E O TEATRO PARA TODAS AS IDADES PROTAGONIZAN A PROGRAMACIÓN TRIMESTRAL DO TEATRO PASTOR DÍAZ DE VIVEIRO

Viveiro, 30 de setembro de 2020. O Concello de Viveiro xa ten lista a programación cultural para o Teatro Pastor Díaz nos meses de outubro, novembro e decembro, co protagonismo da música e o teatro para todas as idades.

A primeira das actuacións previstas, do Coro Mestre Pacheco este sábado 3 de outubro, dentro do programa ‘Musiqueando’, ten que suspenderse debido á situación sanitaria, xa que os espazos cos que conta o concello non reúnen ás condicións idóneas para un espectáculo deste tipo.

Nas próximas semanas pasarán polo escenario do Pastor Díaz Malasombra Produccións, con ‘Bernarda’; Teatro do Atlántico, con ‘Dúas donas que bailan’; Culturactiva Produccións, con ‘Rosalía’, ou a Banda Municipal de Música de Viveiro.

Haberá límite de aforo e será necesario o uso de máscara en todas actividades, ademais de cumprir coa distancia social.

ADXUNTAMOS CARTEL E DÍPTICO COA PROGRAMACIÓN COMPLETA

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

 

Cartel

 

DIPTICO

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar