PROTOCOLO BÁSICO DE ACTUACIÓN APERTURA INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

PROTOCOLO BÁSICO DE ACTUACIÓN APERTURA INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

PROTOCOLO BÁSICO DE ACTUACIÓN APERTURA INSTALACIÓNS DEPORTIVAS :PABILLON MUNICIPAL, E CAMPO DE FUTBOL MARCOS GÓMEZ

PROTOCOLO BÁSICO DE ACTUACIÓN APERTURA INSTALACIÓNS DEPORTIVAS :PABILLON MUNICIPAL, E CAMPO DE FUTBOL MARCOS GÓMEZ

 

 

INTRODUCCION

O sistema deportivo local ademais está integrado na súa realidade por diferentes actores (deportistas, técnicos, familias...), e por elo está influenciado e inflúe de maneira implícita ou explícita nos actuais procesos de cambios necesarios e moi acelerados fronte á pandemia da COVID-19 e os seus efectos. Deste xeito a adecuación aos necesarios cambios abórdase desde a necesidade de incidir nas condutas de todos os axentes humanos que participan no sistema deportivo local directa ou indirectamente, a partir da lóxica organizativa e funcional, para poder aumentar o éxito das decisións do tecido deportivo contra a COVID-19.

Neste contexto normativo, o Consello da Xunta, na súa condición de autoridade sanitaria, adopta a través da Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, as medidas de prevención necesarias para facer fronte sen dilación, tras a superación da fase III e o conseguinte levantamento das medidas derivadas do estado de alarma, ás necesidades urxentes e extraordinarias derivadas da crise sanitaria do COVID-19, de xeito que quede garantido, por unha banda, que a cidadanía evite comportamentos que xeren riscos de propagación da enfermidade e, por outra banda, que as actividades en que poida xerarse un maior risco de transmisión comunitaria da enfermidade se desenvolvan en condicións que permitan en todo momento previr os riscos de contaxio.

Así, as medidas que se adoptan no presente protocolo responden, por unha banda, a un equilibrio entre a necesaria protección da saúde pública e o incremento no número e intensidade das actividades que favoreza a recuperación da vida social e económica. E, á vez, é necesario un comportamento social de cautela e autoprotección asentado fundamentalmente nas seguintes premisas: hixiene frecuente de mans; hixiene respiratoria (evitar tusir directamente ao aire e tocar a cara, o nariz e os ollos); distancia interpersoal mínima de 2 metros; uso de máscaras cando non sexa posible manter a distancia mínima interpersoal, así como cando se estea en contornos con moita xente, especialmente en espazos pechados; preferencia por actividades ao aire libre e de pouca duración; limpeza, hixiene e ventilación dos espazos utilizados e, especialmente, adopción de medidas de illamento e comunicación cos servizos de saúde tan pronto como se teñan síntomas com- patibles co COVID-19 (febre, tose ou dificultade para respirar) ou outros síntomas, como falta de olfacto ou gusto. O compromiso colectivo será, sen dúbida, a mellor arma na loita contra a pandemia.

 

MEDIDAS A REALIZAR PREVIO Á APERTURA

Limpeza e desinfección profunda dos elementos comúns (valos, terreo de xogo, pistas, bancadas,pasillos, zona de praia, gradas, etc…) previa á reapertura mediante persoal especializado en limpeza e produtos homologados. Aprovisionamento de material de sinalización e balizamento así como os EPIs para os traballadores que estableza a normativa. Aprovisionar material de limpeza e hixiene para utilización polos usuarios: rolos de papel, papeleiras, pulverizadores con desinfectante e dosificadores de mans con hidroxel. Formar ao persoal nos novos protocolos de reapertura (distanciamento social, limpeza, vixilancia, axuda, consultas,...) para garantir a súa seguridade e a dos usuarios. Manter abertas, na medida do posible, as portas de acceso e as xanelas para facilitar a ventilación A limpeza e desinfección tamén terán que realizarse con máis frecuencia, polo menos dúas veces ao día, especialmente en superficies de contacto manuais como pomos, barandas, bancos, cadeiras, estantes e baños, entre outros.

 

UTILIZACIÓN POR PARTE DOS USUARIOS

Aforamento máximo das persoas indicadas na seguinte táboa mantendo unha distancia recomendable de 2 metros entre persoas.

Aforos:

.Pabillon municipal: O que a federacion competente determine en cada momento

.Pabillon Enrique Basanta: O que a federacion competente determine en cada momento

.Campo de Fútbol Marcos Gómez: O que a federacion competente determine en cada momento

 

- Antes de entrar nas instalacions, limpar as mans cos hidroxeles que hai na entrada do mesmo.

- Os deportistas deberán utilizar máscara nos espazos comúns entre instalacións

-Todo o material ou roupa dos usuarios deixarase nas taquillas, nas bancadas ou nas zonas habilitadas para iso.

- É obrigatorio o uso individual de botellas de auga ou bebidas isotónicas.

- Ao finalizar a sesión é obrigatorio recoller todo o material propio e limpar as mans co hidroxel antes de abandonar a instalación.

- Utilizarán a máscara durante todo o tempo de circulación entre espazos comúns nas instalacións.Evitar en todo momento o saúdo con contacto físico.

- Utilizar panos desbotables e tiralos á papeleira, tras cada uso.

- Asegurarse de manter unha boa hixiene respiratoria. Eso significa cubrirse a boca e o nariz co cóbado flexionado ou cun pano desbotable ao toser ou estornudar. Neste caso, desbotar de inmediato o pano usado e lavar as mans.

- Lavar con frecuencia as mans con agua e xabón ou con xel hidroalcohólico.

- Na medida do posible, evitar tocar os ollos, o nariz e a boca e no caso de facelo, prestar atención ao lavado previo de mans.

- Realizar un auto test antes de ir cara a actividade deportiva, para confirmar se pode ter síntomas de COVID-19: Teño febre, tos ou falta de alento

- Desprazamentos aos adestramentos: Non compartir vehículo particular con outras persoas non conviventes, sempre que sexa posible. De non ser así, priorizar formas de desprazamento que favorezan a distancia interpersoal e, en todo caso, utilizar máscara.

 

MEDIDAS ORGANIZATIVAS.

- A entidade responsable da actividade deberá garantir que os deportistas dispoñan do material de prevención, xa sexa porque o pon a disposición o titular da instalación, a entidade organizadora da actividade ou porque o traen os deportistas, staff, etc.

- Evitar, na medida do posible, o uso de materiais compartidos durante a actividade. Se isto non fora posible, garantirase consonte o establecido no punto anterior a presenza de elementos de hixiene para o seu uso continuado por parte dos axentes participantes e estableceranse os mecanismos de desinfección correspondentes.

 

 

MEDIDAS DE INFORMACIÓN

- A Entidade organizadora da actividade informará a todos os axentes que participen directa ou indirectamente na actividade sobre os riscos e medidas sanitarias e de hixiene que deben cumprir de forma individual. Deberá existir unha comunicación continua con todos os axentes da realidade deportiva.

- Facilitaralle ao Staff, deportistas e outros axentes alleos á práctica deportiva, información sobre as medidas de hixiene e seguridade mediante cartelería en puntos clave dos espazos de práctica e acceso á mesma, na páxina web ou redes sociais da entidade e/ou mediante a entrega de documentos, preferiblemente por vía telemática.

- Deberase contar cunha sinalización visible sobre as medidas hixiénicosanitarias e de prevención establecidas no desenvolvemento da actividade.

 

MEDIDAS DE FORMACIÓN

- Deberase promover a formación, especialmente entre o staff para adaptar as actividades ás medidas e recomendacións marcadas polas autoridades sanitarias (distanciamento interpersoal, emprego de máscara, etc.). Revisión das actividades a desenvolver, suprimindo aquelas que promoven o contacto físico e primando as que poden levarse a cabo dun xeito máis individual ou con maior distanciamento, intentando non perder a dinámica de grupo, de ser así a especificidade da súa práctica deportiva.

- Formación sobre as medidas hixénico-sanitarias de carácter persoal recomendables, tales como a necesidade dun correcto e asiduo lavado de mans, o emprego de xel hidroalcólico, a colocación correcta da máscara, etc. co obxectivo de implementar estas medidas do contexto da práctica deportiva e tamén para trasladarllas aos deportistas e ao seu entorno co obxectivo de que se consoliden estes hábitos hixiénicosanitarios.

 

COORDINADOR DO PROTOCOLO DA ENTIDADE DEPORTIVA

Cada entidade designará un coordinador para a implementación e seguimiento do protocolo, que será o interlocutor co Servizo Municipal de Deportes, informando sobre as incidencias que se produzan no seu desenvolvemento.

 

 

 

 

 

 

COMUNICACIÓN E SEGUIMENTO DE SINTOMATOLOXÍA COVID-19

No caso de que un membro do staff, deportista, etc., teña sintomatoloxía do virus COVID-19, deberá informar de xeito inmediato ao servizo galego de saúde para iniciar o protocolo previsto pola Consellería de Sanidade . Neste senso, considérase sintomatoloxía do virus COVID-19 un cadro clínico de infección respiratoria aguda (IRA) de aparición súbita e de calquera gravidade, incluíndo febre, tose ou falta de alento, entre outros. Ante a presenza doutros síntomas atípicos como a odinofaxia, anosmia, ageusia, dores musculares, entre outros, é importante buscar outros indicios adicionais que apoien a sospeita da infección. Será o xuízo clínico do profesional o que determine a realización de probas complementarias. En caso de detección dun positivo por COVID-19 no entorno da práctica deportiva, deberanse seguir as pautas determinadas polas autoridades sanitarias. Deberá de procederse ao illamento nun local pechado, á colocación de máscara cirúrxica e aviso ao 061. En todo caso procederase á limpeza e desinfección das instalacións deportivas por quen corresponda segundo o protocolo da instalación deportiva. Finalmente, de estar en contacto estreito con outras persoas que poideran ter síntomas iguais ou semellantes aos do COVID-19 a una distancia menor de 1,5 metros ou de ter compartido espazo sen gardar a distancia interpersonal cunha persoa afectada pola COVID-19, é importante realizar un seguimento por se aparecen signos da enfermidade durante 14 días.

 

TRABALLADORES. LIMPEZA, HIXIENE E DESINFECCIÓN

Con carácter xeral, respecto á limpeza e desinfección de espazos, materiais e superficies deberanse ter en conta as seguintes

- Utilizaranse desinfectantes como dilucións de lixivia (1:50) recentemente preparada ou calquera dos desinfectantes con actividade viricida que se atopan no mercado e debidamente autorizados e rexistrados. No uso dese produto respectaranse as indicacións da etiqueta.

- Tras cada limpeza, os materiais empregados e os equipamentos de protección utilizados desbotaranse de xeito seguro, e procederase posteriormente ao lavado de mans.

- Cando existan postos de traballo compartidos por máis dunha persoa do staff, estableceranse os mecanismos e procesos oportunos para garantir a hixienización destes postos.

- Procurarase que os equipamentos ou ferramentas empregados sexan persoais e intransferibles, ou que as partes en contacto directo co corpo da persoa dispoñan de elementos substituíbles. No caso daqueles equipamentos que deban ser manipulados por diferente persoal, procurarase a dispoñibilidade de materiais de protección ou o uso de forma recorrente de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con carácter previo e posterior ao seu uso.

- Realizar tarefas de ventilación periódica nos espazos utilizados e, como mínimo, de forma diaria e durante o tempo necesario para permitir a renovación do aire. Na medida do posible, manter as portas abertas con cuñas e outros sistemas para evitar o contacto das persoas cos pomos, por exemplo. Durante as actividades en recintos pechados, na medida do posible, realizar os tempos de descanso e/ou recuperación en zonas ao aire libre ou ben ventiladas.

- Disporase de papeleiras para depositar panos e calquera outro material desbotable, que se deberán limpar de forma frecuente, e, polo menos, unha vez ao día. Será obriga do persoal de conserxería e limpeza: - Revisar a cartelería en lugar visible na instalación para informar e lembrar aos usuarios e traballadores a obrigación de cumprir as medidas de hixiene e protección establecidas pola autoridade sanitaria contra o Covid-19.

- Farase especial fincapé na frecuencia de limpeza e desinfección de superficies de alto contacto, como a recepción, os mostradores, o material de adestramento, as máquinas, as varandas, os pomos, os pulsadores, así como en todos os elementos de uso recorrente.

- Deberase proceder a súa limpeza e desinfección dos aseos, como mínimo, 2 veces ao día.

- Lavado frecuente de mans a usuarios e traballadores durante a estancia nas instalacións.

- Asegurar a reposición permanente de xabón nos dosificadores dos lavabos e aseos para facilitar e garantir o lavado de mans dos usuarios.

- Instalación de estacións de limpeza e desinfección en todos os espazos deportivos interiores e aseos, para facilitar a limpeza e desinfección do equipamento, os bancos, etc…, por parte dos usuarios, antes e despois de cada uso, complementario ao servizo de limpeza de cada estancia utilizada. - Ditas estacións de limpeza e desinfección disporán de xel desinfectante de mans

- Incrementar o protocolo de revisión de papeleiras e retirada de residuos.

- Utilización dos materiais de prevención obrigatorios establecidos polas autoridades sanitarias a cada traballador para a súa protección individual e a dos usuarios.

- Mantemento dunha distancia mínima interpersoal de 2 metros.

- Obrigatoriedade de levar cada día o seu material deixando libres e limpas as taquillas e zonas comúns. Limpar e desinfectar o seu posto de traballo ao finalizar a súa xornada, sobre todo elementos comúns (pomos, teclado, mesa, cadeira, etc…)

 

 

 

APERTURA DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS: PABILLON MUNICIPAL PABILLON E CAMPO DE FUTBOL MARCOS GÓMEZ

 

Este protocolo será plenamente vinculante sen prexuízo das normas que se publique por parte da autoridade competente durante o transcurso da pandemia. O obxectivo será a recuperación gradual dos adestramentos. A práctica deportiva será colectiva, sempre sen contacto físico mantendo as debidas medidas de seguridade e protección, e en todo caso a distancia social de seguridade de dous metros. O protocolo sinalado será de obrigado cumprimento por parte dos usuarios que queiran facer uso das instalacións deportivas municipais (en adiante IDM) En todo caso, o cumprimento deste protocolo corresponderá aos usuarios cando practiquen actividade física baixo a súa exclusiva responsabilidade.

 

Caracteristicas de uso

 

Poderanse permitir tarefas de adestramento de carácter colectiva, sen contacto físico , mantendo distancias de seguridade de 2 metros, e evitando en todo caso, situacións nas que se produza un contacto físico

 

Os adestramentos e actividades deportivas desenvolveranse cumprindo estritamente as medidas de prevención e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias fronte ao COVID-19 relativas ao mantemento de unha distancia de seguridade interpersoal de polo menos 2 metros, lavado de mans, uso de instalacións, proteccións sanitarias, e todas aquelas relativas á protección dos deportistas e persoal auxiliar da instalación.

 

Poderán acceder ás IDM todos os deportistas, así definidos no artigo 31 da Lei 3/2012 do Deporte de Galicia: “Son deportistas aquelas persoas que, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, practiquen, individualmente ou en grupo, calquera tipo de actividade deportiva nas condicións establecidas pola presente lei, con independencia do carácter e obxecto que persiga”

 

A actividade deportiva requirirá a concertación de cita previa co Servizo Municipal de Deportes, para o que será preciso organizar quendas horarias, fóra das que non se poderá permanecer nas instalacións.

 

Respectarase o límite do 75 por cento de capacidade de aforo de uso deportivo en cada instalación, tanto no relativo ao acceso, como durante a propia práctica, habilitándose un sistema de acceso que evite a acumulación de persoas e que cumpra coas medidas de seguridade e protección sanitaria.

 

Unicamente poderá acceder cos deportistas un adestrador no caso de que resulte necesario, circunstancia que deberá acreditarse debidamente.

*Non está permitida a utilización de vestiarios das instalacións, unicamente se poderá facer uso dos aseos, debendo abandonalos ao máis tardar 15 minutos despois de ter rematada a actividade. EXCEPCIÓN ANEXO 1

 

Procederá á limpeza e desinfección das instalacións de acordo co sinalado no artigo 6 da orde Orden SND/458/2020, de 30 de mayo: 1. El titular de la actividad económica o, en su caso, el director de los centros y entidades deberá asegurar que se adoptan las medidas de limpieza y desinfección adecuadas a las características e intensidad de uso de los centros, entidades, locales y establecimientos previstos en esta orden. En las tareas de limpieza se prestará especial atención a las zonas de uso común y a las superficies de contacto más frecuentes como pomos de puertas, mesas, muebles, pasamanos, suelos, teléfonos, perchas, y otros elementos de similares características, conforme a las siguientes pautas: a) Se utilizarán desinfectantes como diluciones de lejía (1:50) recién preparada o cualquiera de los desinfectantes con actividad virucida que se encuentran en el mercado y que han sido autorizados y registrados por el Ministerio de Sanidad. En el uso de ese producto se respetarán las indicaciones de la etiqueta. b) Tras cada limpieza, los materiales empleados y los equipos de protección utilizados se desecharán de forma segura, procediéndose posteriormente al lavado de manos. Las medidas de limpieza se extenderán también, en su caso, a zonas privadas de los trabajadores, tales como vestuarios, taquillas, aseos, cocinas y áreas de descanso. Asimismo, cuando existan puestos de trabajo compartidos por más de un trabajador, se realizará la limpieza y desinfección del puesto tras la finalización de cada uso, con especial atención al mobiliario y otros elementos susceptibles de manipulación. 2. En el caso de que se empleen uniformes o ropa de trabajo, se procederá al lavado y desinfección regular de los mismos, siguiendo el procedimiento habitual. 3. Se deben realizar tareas de ventilación periódica en las instalaciones y, como mínimo, de forma diaria y durante el tiempo necesario para permitir la renovación del aire. 4. Cuando en los centros, entidades, locales y establecimientos previstos en esta orden haya ascensor o montacargas, su uso se limitará al mínimo imprescindible y se utilizarán preferentemente las escaleras. Cuando sea necesario utilizarlos, la ocupación máxima de los mismos será de una persona, salvo que sea posible garantizar la separación de dos metros entre ellas, o en aquellos casos de personas que puedan precisar asistencia, en cuyo caso también se permitirá la utilización por su acompañante. 5. Cuando de acuerdo con lo previsto en esta orden el uso de los aseos esté permitido por clientes, visitantes o usuarios, su ocupación máxima será de una persona, salvo en aquellos supuestos de personas que puedan precisar asistencia, en cuyo caso también se permitirá la utilización por su acompañante. Deberá reforzarse la limpieza y desinfección de los referidos aseos garantizando siempre el estado de salubridad e higiene de los mismos. 6. Se fomentará el pago con tarjeta u otros medios que no supongan contacto físico entre dispositivos, evitando, en la medida de lo posible, el uso de dinero en efectivo. Se limpiará y desinfectará el datáfono tras cada uso, así como el TPV si el empleado que lo utiliza no es siempre el mismo. 7. Se deberá disponer de papeleras en las que poder depositar pañuelos y cualquier otro material desechable. Dichas papeleras deberán ser limpiadas de forma frecuente, y al menos una vez al día. 8. Lo previsto en este artículo se aplicará sin perjuicio de las especificidades en materia de limpieza y desinfección establecida en esta orden para sectores concretos.

 

Días de uso: De luns a domingo.

Horario das instalacións: De luns a domingo, de 09:00 h. a 22:00 h.

 

 

 

 

Requisitos obrigatorio para o acceso as instalacions..

Unha vez confirmada a autorización polo Servizo Municipal de Deportes do uso da instalación polo colectivo ou clube,deberán presentar ao persoal de conserxería das IDM para o seu rexistro un modelo de declaracion responsable

. Os usuarios das IDM terán as seguintes obrigas:

- Antes de acudir aos adestramentos deberán tomarse a temperatura. Si esta excede de 37,5º non se poderá acudir

- En caso de presentar tos ou algún síntoma compatible co COVID19 non se poderá acudir ao adestramento - Nos desprazamentos aos adestramentos deberán cumprir coas medidas sanitarias estipuladas, en especial no referente a uso de mascarillas e distanciamento interpersoal de 2 metros

- Cada usuario deberá dispoñer de botella de auga de uso individual - Non se pode adestrar co mesmo calzado co que se desplace á IDM, debendo cambiarse antes de acceder á pista.

- No se permite o acceso de familiares ou acompañantes

- O acceso á IDM e recollida dos deportistas será no exterior dos recintos deportivos e será responsabilidade do adestrador do grupo o responsable da entrega evitando aglomeracións e o paso de calquera persoa allea á actividade

- Cada grupo entrará e sairá da instalación de xeito individual para respectar as medidas de separación, debendo seguir as indicacións do persoal de conserxería; e si a instalación o permite, a saída terá lugar por outro lugar que o da entrada.

- No momento do acceso á instalación, deberá desinfectar as mans con xel hidroalcohólico e cambiar o calzado da rúa. Os usuarios virán provistos máscarilla. Manterán sempre unha distancia mínima interpersoal con todos os usuarios e traballadores de 2 metros. Virán vestidos coa roupa que utilizarán durante adestramento, non permitíndose o uso de vestiarios, máis que ao remate nas condicións especificadas neste protocolo. Utilizarán máscara sempre que sexa posible durante todo o tempo de circulación entre espazos comúns nas instalacións. Deberán limparse as mans coas solucións hidroalcoholicas antes de entrar en cada estancia-sala-instalación e ao saír de cada estancia-sala-instalación .Os adestradores e acompañantes autorizados, estarán suxeitos ás mesmas obrigacións

-Soamente se permite o uso individual de aseos, no sendo posible o uso por máis de unha persoa á vez.

 

*ANEXO1 RELATIVO A UTILIZACIÓN DE VESTIARIOS.

 

O uso dos vestiarios estará permitido exclusivamente para os equipos FEDERADOS, durante a celebración de competicións oficiais, sempre e cando a federación competente o permita, asi como a actual normativa estatal e autonómica en materia de prevención de covid-19.

Sen prexuízo das medidas específicas establecidas polo protocolo de cada federación,deberase garantir que cada deportista ou membros de cada equipo teñan realizados os test PCR semanalmente.

Para favorecer o cumplimento desta medida, cada clube enviará o certificado da realizacion dos PCR a Concelleria de deportes, viveiro@deportes.es antes da celebración da competición.

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar