Protocolo COVID-19 actos culturales

PROTOCOLO COVID-19 ACTOS CULTURALES

O CONCELLO DE VIVEIRO ESTABLECE UN ESTRITO PROTOCOLO COVID-19 NAS ACTIVIDADES CULTURAIS DO FIN DE SEMANA NA CARPA DOS XARDÍNS NORIEGA VARELA

Viveiro, 24 de setembro de 2020. O Concello de Viveiro informa á veciñanza das medidas COVID-19 establecidas para a celebración dos eventos culturais deste fin de semana na carpa instalada nos Xardíns Noriega Varela.

Na xornada do sábado, actuará a Banda municipal de música O Landro ás 20.30 horas na carpa, mentres que o domingo chegará a quenda de Brassica Rapa, a primeira fanfarria galega 100% feminina (19.30 horas).

O acceso á carpa realizarase media hora antes do inicio de cada actuación e o concello prega que durante a espera a xente garde a distancia de seguridade. O uso de mascarilla será obrigatorio durante todo o concerto.

Para acceder á carpa haberá que facilitar nome, apelidos e número de teléfono, para facilitar o rastrexo en caso de ser necesario, e prégase facer caso das recomendacións do persoal destinado para o acceso.

Todas as actividades son gratuítas, non se reservan entradas e o aforo será limitado a 100 persoas, todas elas sentadas.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar